Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

O I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia, o 27 de setembro en Boiro


Mércores, 14 de setembro do 2022

O I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural presentouse hoxe mércores aos medios no Concello de Boiro como unha cita, neste comezo de curso, para propiciar o contacto entre aquelas persoas que desenvolven o seu traballo no sector.

O presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Carlos Lorenzo, e a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral, participaban hoxe na presentación do Encontro que terá lugar o martes 27 de setembro no Pazo de Goiáns de Boiro.

Unha programación formativa e de análise que, como subliñou Lorenzo, “debemos promover desde a asociación para o colectivo de profesionais, favorecendo o encontro co que forneceder redes de colaboración“. Mesas redondas, obradoiros, e tamén, unha visita teatralizada ao Pazo, neste primeiro encontro de profesionais que conta co apoio da Deputación da Coruña.

Un encontro que, de acordo ao exposto na rolda de prensa, a AGPXC non desaproveitaremos á hora de divulgar o traballo realizado nos últimos anos. Na programación faremos balance destes catorce anos de asociacionismo profesional, técnicos e xestores que, alén da súa ampla traxectoria, vinculáronse moi directamente coa AGPXC na súa andaina. É o caso de Alberto García, Pilar López, Pilar Portela e Xavier Campos. Neste balance de traballo feito desde a AGPXC, teñen un lugar destacado ferramentas lanzadas para o sector nos últimos tempos como son o “Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para espectáculos ao Vivo” e o “Manual de Artes Visuais” Ambas propostas forman parte do programa do Encontro do 27 de setembro con presentacións e obradoiros prácticos. Patricia Hermida, xestora cultural, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e coautora do traballo, abordará o ámbito dos espectáculos ao vivo, mentres que será 7H Cooperativa Cultural a que estará a cargo dos exemplos prácticos no desenvolvemento profesional nas Artes Visuais, cuestión central no manual coordinado para a AGPXC.

“Este primeiro Encontro tamén quere darlle relevancia ás liñas de traballo que estamos a desenvolver vinculadas ás boas prácticas, á sustentabilidade, á consecución dos ODS contemplados na Axenda 2030 e, tamén, as iniciativas con programadoras e programadores co obxectivo de explorar novos modelos de exhibición de espectáculos“, sinalou o presidente da Agpx. Así Emi Candal, da empresa Urdime, e Xaquí López, xerente do Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), debullarán para as persoas asistentes a situación do sector cultural a día de hoxe, sen esquedecer de achegar propostas, posibles solucións e exemplos inspiradores da contorna.

A inscrición do Encontro éa través da seguinte ligazón, de balde, e está aberta mentres o aforo do espazo, o Pazo de Goiáns o permita.

A xornada do 27 de setembro en Boiro inclúe unha visita teatralizada ao Pazo por parte da compañía Os Quinquilláns.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar